Colabora

Share Button

Estamos interesad@s en ampliar o número de militantes, implementar a figura d@ simpatizante e encauzar a nivel político as inquedanzas e demandas que nos traslade a cidadanía. Estas vías de colaboración, que logo explicaremos, adáptanse ós distintos graos de afinidade e compromiso que desexes manter co noso proxecto. Ti escolles.

En calquera caso, cremos que a túa colaboración é importante por varios motivos. En primeiro lugar, pode servirnos para ser máis eficaces no día a día da actividade municipal. Non é posible estar en todas partes, nin coñecer polo miúdo tódalas problemáticas, polo que a información cidadá resulta na actualidade fundamental para orientar o noso traballo no Concello. Por outro lado, algunhas das modalidades de colaboración que propoñemos tamén poden permitirche, en maior ou menor medida, participar da vida orgánica do partido a escala supramunicipal, é dicir, nos niveis provincial, autonómico e estatal. O noso país vive un momento moi crítico e temos a percepción de que a xente está agardando por un proxecto político que cambie radicalmente as cousas, que protexa á maioría social dos abusos bochornosos que día a día cometen as grandes oligarquías económicas e que rexenere en profundidade a política española e galega. É de xustiza recoñecer que o noso partido cometeu erros; por outro lado, o sentir que temos na Executiva local é que os cambios que se precisan no partido non se están a realizar coa suficiente rapidez e profundidade. Estamos convencidos de que o papel das bases, das agrupacións locais, é fundamental para a rexeneración do proxecto socialista. Afortunadamente, novas formas de participación, como a elección d@ Secretari@ Xeral mediante o voto directo da militancia, levan tempo abríndose camiño.

Por todo o exposto, os principais modelos de colaboración que contemplamos, dependendo do grao de compromiso que queiras acadar, son os seguintes:

Militante. As persoas que están afiliadas ou militan no partido desfrutan do dereito a participar en tódolos procesos orgánicos que teñen lugar no mesmo (asambleas, congresos, eleccións primarias, etc.) e a implicarse na súa vida cotiá. Tal como se explica na web do partido: “Los militantes son el principal activo que tenemos en el Partido Socialista. Los afiliados y las afiliadas al PSOE, con su compromiso y su participación –de forma directa o por delegación- en la toma de decisiones, contribuimos a definir el Proyecto Socialista. Si quieres asistir con voz y voto en las reuniones y asambleas, decidir en la elaboración de los programas electorales, en la vida interna del partido y la elección de candidatos y candidatas, tanto para procesos electorales internos como externos, si quieres comprometerte y trabajar por las ideas socialistas, afíliate”.

Simpatizante. A figura de simpatizante está pensada para aquelas persoas que, sentíndose próximas ó partido, desexan contraer un compromiso inferior ó da militancia: “Si te sientes próximo a los valores y contenidos programáticos que representamos los socialistas; si quieres que te escuchemos, estar informado y opinar; si quieres colaborar con el proyecto socialista, participar en la política y en la vida del partido, pero a tu manera, sin el compromiso del afiliado o la afiliada, apúntate como simpatizante (…). Para adquirir la condición de simpatizante los únicos requisitos que se precisan son mantener una voluntad activa de colaboración e inscribirse voluntariamente en un registro del correspondiente ámbito orgánico para recibir información de actividades, reuniones, etc.”.

Like na páxina de Facebook. Outra maneira de estar ó día da actividade da Agrupación Socialista de Cariño e darlle a Me gusta na nosa páxina de Facebook. No noso muro colgamos enlaces á maior parte das entradas que publicamos nesta web.

Envío puntual de ideas ou suxerencias. Non dubides en enviarnos calquer idea, queixa, pregunta ou suxerencia que estimes oportuna. A túa opinión interésanos.

Se desexas colaborar de calquera destas maneiras, envíanos un email a psoecarino@yahoo.es; con nós podes seguir construíndo un mundo mellor.