A semana decisiva: actos electorais en As Pontes e Cariño

Share Button

O vindeiro domingo celébranse as eleccións autonómicas e tódolos indicios apuntan en dúas direccións: o cambio político é posible, e o PSdeG-PSOE está en condicións de lideralo. Atopámonos, pois, ante unha semana decisiva na que Galicia xógase seguir retrocedendo ou abrir unha nova experiencia de progreso e xustiza social.

O pasado venres os socialistas de Cariño efectuamos un reparto de información electoral no mercado municipal, acompañados de José Manuel Pérez Seco, candidato ó Parlamento de Galicia no posto número 5 da provincia da Coruña en representación de Ferroterra, Eume e Ortegal. Entre os actos que se celebran esta semana queremos chamar a atención sobre dous especialmente relevantes.

Este mércores 21 ás 19 horas terá lugar un mitin no Cine Alovi de As Pontes de García Rodríguez, no que intervirán o Alcalde de As Pontes e Presidente da Deputación Valentín González Formoso, o candidato á Presidencia da Xunta Xoaquín Fernández Leiceaga e o Secretario Xeral do PSOE Pedro Sánchez.

Ó día seguinte, xoves 22 de setembro, terá lugar o mitin en Cariño. Será ás 20:30 horas no Local Social do Concello e contará coas intervencións do Alcalde de Cariño José Miguel Alonso Pumar, do candidato comarcal José Manuel Pérez Seco e da Deputada no Congreso Pilar Cancela Rodríguez. Quedas convidad@.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.