A candidatura

Share Button

 

Esta é a nosa candidatura para as eleccións do 22 de maio. Oito homes e sete mulleres comprometid@s co proxecto socialista cariñés.

Cada candidatura debe ter un mínimo de once membros, que é o número de concelleir@s que corresponden á corporación municipal cariñesa por número de poboación. Ademais, cada candidatura pode incorporar un número opcional de suplentes. Nós presentámonos con catro suplentes, o que compón unha lista de quince persoas.

Quizais queiras coñecer algúns datos máis. Apostamos por unha renovación moderada: nove dos quince membros figuraron na candidatura ás municipais de 2007; temos, polo tanto, seis novas incorporacións. Reforzamos a nosa aposta pola implicación da xuventude na política municipal: máis da metade da lista (oito d@s quince integrantes) atópase por debaixo dos 35 anos de idade.

Os seis primeiros postos están ocupados por persoas con experiencia na xestión municipal, afeitas a traballar no goberno municipal cariñés. Son, ademais, persoas con experiencia -nalgúns casos ampla experiencia- no tecido asociativo local (Nordeste, Asociación de Veciños, Comisións de Festas, Rondalla…). A principal novidade é a incorporación de Jonathan no cuarto posto, un rapaz moi xoven pero que xa leva algún tempo traballando no seo da Agrupación Socialista de Cariño e colaborando con algunhas asociacións do noso Concello.

Estamos convencid@s de ter o mellor equipo. A nosa candidatura aposta forte pola xente xoven. Pero, ó mesmo tempo, a nosa candidatura ofrece experiencia na xestión municipal e no asociacionismo cariñés (máis experiencia, de feito, que a suma das outras dúas candidaturas que se presentan neste Concello). Temos a candidatura que Cariño necesita.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.