A comarca do Ortegal á cabeza dos recurtes en Educación

Share Button

Estes días, nos que a comunidade educativa estivo a movilizarse, son propicios para avanzar os resultados dun detallado estudo sobre o recurte dos gastos en Educación realizado polo noso compañeiro Antonio Álvarez Cisneros, Secretario de Educación na Executiva Provincial do PSdeG-PSOE.

Este estudo amosa que a comarca do Ortegal é, entre tódalas da provincia, a máis perxudicada polos recurtes da Xunta en Educación. Como podes ver na táboa que reproducimos, os centros da comarca acusan, no período comprendido entre 2009 e 2013, un descenso dos investimentos en funcionamento de 50.642 euros, que supoñen unha porcentaxe do 20’8 %. A seguinte comarca máis perxudicada é o interior coruñés, cun descenso de 16’1 %. As cifras da nosa comarca son particularmente graves se temos en conta que a media de recurte no gasto sitúase na nosa provincia no 10’75 %, o cal quere dicir que a porcentaxe do recurte do gasto educativo na comarca do Ortegal é practicamente o doble da media provincial. A elo temos que engadir que o IPC subíu un 9’4 % no período que estamos a considerar.

Se atendemos en concreto ós datos relativos a Cariño, o gasto educativo experimentou un recurte de 3.267 euros en Infantil e Primaria e de 4.056 euros en Secundaria.

Que a comarca do Ortegal nunca foi unha prioridade para a Xunta do PP é unha realidade innegable, da que é consciente calquera persoa que siga minimamente o acontecer político. Estas cifras amosan que tampouco un dos sectores máis sensibles, o da Educación, queda a salvo desta marxinación sistemática. Proximamente agardamos celebrar en Cariño un acto informativo para presentar estes e outros datos relativos á situación do ensino no Ortegal. Seguiremos informando.

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.