A Mostra de Teatro, do 9 ó 20 de agosto

Share Button

O Concello vén de difundir os principais detalles da programación da tradicional Mostra de Teatro, que como sabes constitúe un dos mellores sinais de identidade da historia cultural de Cariño.

 

A programación da mostra vén medrando nos últimos anos e, nesta ocasión, terá lugar entre os días 9 e 20 de agosto, incluindo teatro infantil, afeccionado e profesional. Podes ampliar a información na páxina web municipal, concretamente neste enderezo:

 

http://www.concellodecarino.com/aodia/nova.php?id=1236&lg=gal

 

A mostra enlazará directamente co festival Ortegal Rock, que á súa vez suporá o pistoletazo de saída das festas de San Bartolo. Un verán cheo de actividade que agardamos desfrutes.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.