A nova web cumple tres meses

Share Button

O pasado 21 de setembro subimos á rede a actual versión da nosa web, despois dun traballo de definición de formato e contidos. Naquel intre anunciamos as principais novidades que conforman a primeira fase deste proceso de renovación: o Boletín Dixital do Grupo Municipal Socialista e unha páxina principal dinámica, na que engadimos asiduamente as sucesivas entradas ou posts.

Nestes tres meses, coa web nunha etapa caseque experimental, creamos un total de 43 entradas, o que equivale a unha media dunha entrada cada 2’14 días. A maior parte delas (19) adicámolas a información e novas do ámbito municipal; a polémica sobre o retraso nas obras do corredor costeiro mereceu oito entradas; outras seis adicámolas a cuestións de política supramunicipal; sete entradas trataron diferentes aspectos teóricos do ideario de esquerda (recomendacións de lecturas, etc.); e un total de tres entradas versaron sobre o funcionamento e as novidades da páxina. A entrada máis lida nestes 92 días é Novidades na páxina web (21 de setembro), precisamente a que inaugurou esta nova etapa. As estatísticas da páxina reflexan un incremento paulatino no número de usuarios, que pon de manifesto o interese que suscitan os seus contidos.

Os obxectivos que nos marcamos nesta nova etapa da páxina son basicamente tres: 1) ofrecer información fiable e contrastada sobre a política municipal; 2) facer da páxina un instrumento de debate e participación política; e 3) contribuir á difusión das ideas e do proxecto socialista para os distintos ámbitos xeográficos (local, comarcal, provincial, autonómico, nacional e incluso internacional).

Facemos un balance positivo destes tres meses, pero somos moi conscentes da necesidade de seguir mellorando. Estamos a traballar no deseño de novos contidos e seccións, que agardamos comecen a funcionar a inicios de 2010.  

Queremos lembrarte que podes facernos chegar todo tipo de comentarios e suxerencias ó enderezo psoecarino@yahoo.es

Por último, tamén queremos lembrarte, unha vez máis, que a páxina ofréceche a opción de Rexistrarte. Para elo tes que empregar o Menú principal que tes á esquerda da páxina, cubrir un sinxelo formulario e finalmente completar o rexistro a través dunha mensaxe que recibirás na túa conta de correo electrónico. De momento estamos facendo un aproveitamento escaso desta utilidade, pero irémolo incrementando nos vindeiros meses.

Agradecémoste a túa visita e convidámoste a empregar asiduamente a nosa páxina. Traballamos por e para tí.
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.