A reivindicación da consulta diaria de pediatría nos medios

Share Button

A reivindicación que se está a levar a cabo para que Cariño desfrute de consulta diaria de pediatría é hoxe obxecto dunha reportaxe en La Voz de Galicia.

 

En dita reportaxe, as fontes oficiais da Área Sanitaria de Ferrol respostan coa frialdade habitual das cifras, o mesmo que tentaban facer cando nos negaban as gardas de presencia física durante as 24 horas ou o servicio de ambulancia. O que ocorre é que a miúdo un escolle as estatísticas que máis lle conveñen. E a frialdade destas cifras oculta variables fundamentais: as deficitarias comunicacións, a distancia con respecto ó centro hospitalario máis próximo, etc. Certamente, a media de paciente por pediatra non significa o mesmo en Cariño que en Fene ou en Narón.

 

Como xa anunciou o noso Alcalde, José Luis Armada, dende o Goberno Municipal comprometémonos a levar o asunto ó pleno -que confiamos suscitará o consenso das tres forzas políticas- e a trasladar a reivindicación á Xunta de Galicia. De feito, nunca deixamos de reclamar a mellora dos nosos servicios sanitarios, con maior ou menor visibilidade segundo a axenda política do momento. Fixémolo ante a Xunta de Fraga, fixémolo ante a Xunta de Touriño -que foi, por certo, a que concedeu o servicio de ambulancia– e seguirémolo facendo ante a Xunta de Feijóo.

 

Por xustiza social e na defensa dunha sanidade pública de calidade.

 

Podes ler no seguinte enlace a reportaxe publicada hoxe en La Voz de Galicia:

 

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/02/21/0003_8308602.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.