A situación económica dos concellos na prensa

Share Button

11-08-19_contas_concello.jpgEsta semana a prensa publica novas informacións e comentarios sobre a situación económica dos concellos galegos e sobre o caso particular do Concello de Cariño. Nesta entrada unicamente queremos facer unha breve valoración sobre o contido destas noticias, deixando para entradas posteriores novas achegas á situación contable do noso Concello.

O pasado mércores La Voz de Galicia publicou unha ampla reportaxe sobre a situación económica dos concellos galegos, cun titular en portada e dúas páxinas completas no interior. Sen aportar un só dato que o xustifique, o xornal coloca a Cariño nunha lista de concellos cunha situación económica supostamente delicada: “La lista de municipios que se asoman al precipio crece y hasta una treintena de corporaciones viven una situación delicada. Silleda, Carnota, Miño, Cangas, Moaña, Os Blancos, Trives, Valdoviño, Cariño, Portas, Barro, A Estrada, Valga o Vilanova son algunos de ellos”. A continuación, a reportaxe ofrece algunhas cifras e comenta algúns casos concretos, pero, insistimos, non ofrece ningún dato que xustifique a inclusión do noso Concello en dito listado.

A estas alturas, cremos evidente que as continuas declaracións da Alcaldesa de Cariño sobre a suposta situación crítica das arcas municipais está perxudicando seriamente a imaxe do noso Concello. Ó longo das últimas semanas vimos aportando aquí –e seguirémolo facendo- información clara e contrastada sobre a situación económica real do Concello de Cariño, que dista moito desa presunta gravedade que a Alcaldesa airea a vento e marea. O que si está claro é que, como consecuencia das súas imprudentes declaracións, La Voz de Galicia tómaxe xa a licencia de situar a Cariño na “lista de municipios que se asoman al precipicio”. Concellos veciños que se atopan nunha situación económica moito peor non aparecen na lista. Cada quen que asuma a trascendencia dos seus actos e das súas declaracións…

Ese mesmo día, Diario de Ferrol publicou unha noticia sobre o carácter austero dos presupostos que está a elaborar o actual Goberno Municipal cariñés. Podes consultala aquí:

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/25956-b-noticia

O texto non proporciona información significativa sobre a situación económica do Concello, pero, nun novo alarde de frivolidade e imprudencia, a Alcaldesa arroxa unha sombra de dúbida sobre a salubridade dos nosos productos do mar. En concreto, o xornal dí textualmente o seguinte (a negrilla é nosa): “Puri Seixido señaló que la prioridad para el gobierno de Cariño, sin embargo, se mantiene en cuanto a la ejecución del proyecto de saneamiento integral del municipio, aun cuando el plan se acometa en sucesivas fases. En este sentido, la alcaldesa consideró necesario priorizar este tipo de intervenciones, por cuanto la situación actual -en la que las aguas fecales se vierten directamente al mar en distintos puntos de la costa- influye muy negativamente tanto en el medio ambiente como en la economía local. En este sentido, Seixido recordó que la pesca es la principal fuente de ingresos para un importante número de familias del municipio. La contaminación, entre otros posibles factores, puede hacer descender, incluso llegar a desaparecer, la riqueza que hoy constituye la base de la economía local”.

Como sucede no caso da contas municipais, estas declaracións da Alcaldesa xeran un alarmismo inxustificado. A depuradora situada no porto trata actualmente as augas fecais de Cariño e A Pedra. O potencial contaminante das augas fecais das restantes parroquias é practicamente nulo, por tratarse de núcleos de pouca poboación e polas condicións da nosa ría, aberta, cun volume moi considerable de auga e, polo tanto, alta capacidade de depuración natural.

A EDAR de Cariño, cun investimento superior ós seis millóns de euros (que inclúen o mantenemento e xestión durante os vindeiros 20 anos) foi xestionada polo Goberno Municipal anterior. A obra que a Alcaldesa cita como prioritaria é tamén un proxecto do anterior Goberno bipartito e está financiada pola Deputación Provincial. No momento da toma de posesión da actual corporación só faltaba enviar á Deputación as autorizacións pertinentes de dúas Consellerías da Xunta. Polo tanto, celebramos que a actual Alcaldesa comparta a necesidade destas obras. Pero unha cousa é considerar necesario completar o saneamento integral e outra moi distinta cuestionar a calidade dos productos do noso mar e deslizar dúbidas sobre a súa salubridade de maneira totalmente acientífica e inxustificada. Así pois, pedímoslle á Alcaldesa de Cariño a mínima prudencia que debe ter calquera persoa que exerza esta responsabilidade.

Hoxe Diario de Ferrol e La Voz de Galicia recollen, de forma breve e un tanto imprecisa, as declaracións do noso voceiro municipal acerca da situación económica do Concello. Aínda que imos ampliar a información en sucesivas entradas, aquí tes o enlace á nova que publica o segundo dos xornais citados: http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/08/19/0003_201108F19C6993.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.