A voltas co corredor costeiro

Share Button

O corredor costeiro volta a protagonizar o debate político, unha vez que a Xunta de Galicia do Partido Popular anunciou, sen dar ningunha explicación convincente, que o remate das obras non será realidade ata 2017.

Onte o noso Alcalde, José Luis Armada, participou nunha tertulia en Radio Voz, xunto co Alcalde socialista de Cedeira e o nacionalista de San Sadurniño. A Alcaldesa popular de Cerdido participou tamén, aínda que por vía telefónica.

Tal como recolle hoxe La Voz de Galicia, o noso Alcalde sinalou que o PP “sempre renunciou á vertebración da costa norte de Galicia”, engadindo que “é o único lugar onde a Transcantábrica transcorre polo interior. Non sei os intereses que terán nese trazado”.

Armada destacou a trascendencia de que os portos do noroeste de Galicia estén unidos, posto que “o sector pesqueiro ten un peso moi importante na economía de toda a comunidade”. “Aínda que penso que todos estamos no mesmo barco e debemos facerlle chegar ó conselleiro a nosa inquedanza”, indicou.

La Voz de Galicia recolle na súa edición de hoxe unha crónica deste debate sobre un asunto que, sen dúbida, vai dar que falar nos vindeiros meses. Podes consultala aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/11/24/0003_8127340.htm

Como é habitual, o Partido Popular de Cariño segue sen fixar a súa posición sobre este tema fundamental, acatando co seu silencio o inaceptable retraso imposto pola Xunta.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.