Actos políticos: hoxe Cariño, onte Neda

Share Button

Como xa vimos anunciando dende hai días, hoxe ás sete e media da tarde, no Auditorio Municipal, presentamos a nosa candidatura ás eleccións municipais do 22 de maio.

Intervirán o eurodeputado Antolín Sánchez Presedo, o noso candidato e Alcalde José Luis Armada e varios membros máis da candidatura. Gostaríanos contar coa túa asistencia.

Onte pola tarde o noso Alcalde participou nun acto público que congregou en Neda ós candidatos e candidatas ás alcaldías de Ferrolterra, Eume e Ortegal, que estiveron acompañados polo Presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e polo Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.

O acto de Neda aparece hoxe recollido en La Voz de Galicia e Diario de Ferrol. Por certo, a crónica deste segundo xornal contén un pequeno erro. O noso candidato Armada non dixo que o PP creou o Imposto de Actividades Económicas, senón todo o contrario. O que fixo a dereita foi suprimir esta importante fonte de financiamento para as administracións municipais.

Podes ler aquí as dúas crónicas do acto:

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/18906-noemi-ferrol

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/04/17/0003_201104F17C79911.htm 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.