Adeus a Fernández del Riego

Share Button

Onte deixounos, ós 97 anos de idade, Francisco Fernández del Riego. Vaise unha figura clásica do galeguismo, un activista cultural de primeira orde, responsable, xunto a outros persoeiros como Ramón Piñeiro, Fermín Penzol ou Isaac Díaz Pardo (con quen aparece na fotografía), de manter o facho do galeguismo e da cultura galega durante os duros e penosos anos da dictadura franquista.

A Fernández del Riego debémoslle unha obra escrita de indubidable valor. Foi, ademais, un dos fundadores da editorial Galaxia, renovador e presidente durante anos da Real Academia Galega e verdadeiro coidador do legado e da biblioteca Penzol tralo falecemento do ilustre bibliófilo.

Nesta páxina, evidentemente, non podemos esquecer a súa faceta política. Fernández del Riego foi un dos fundadores, nos anos da República, do Partido Socialista Galego e, posteriormente, do Partido Galeguista, que tentou reconstruir na clandestinidade tralo alzamento franquista.

Dende aquí queremos expresarlle o noso recoñecementorendirlle esta modesta homenaxe.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.