Agosto avanza: chegan o Ortegal Rock e San Bartolo

Share Button

 

   

A Mostra de Teatro está chegando ó seu fin -aínda podes desfrutar de senllas representacións hoxe e mañá- e chegan os novos pratos fortes do verán cariñés.

 

O Ortegal Rock arranca mañá, venres, cun programa xa ben coñecido que terá a Rosendo como cabeza de cartel.

 

Con apenas o domingo para descansar, axiña darán comezo as festas patronais de San Bartolo. O programa inclúe os seguintes eventos e atraccións:

 

Luns 23 de agosto

10:30 h. Xogos na rúa
Pasarrúas e concerto: Banda de gaitas O Barqueiro
17:00 h Xogos no mar; Carreira popular
22:30h. Verbena coa orquestra Montes
24:00h. Actuación do grupo cariñés Atenea

 

Martes 24 de agosto

Pasarrúas: Banda de gaitas San Xiao do Trebo de Cariño e Danza de Arcos de Cariño
12:00 h. Misa solemne acompañada polo coro parroquial e procesión
14:00 h. Concerto a cargo da Banda de música Eduardo Pondal
18:00 h. Trofeo San Bartolo: Triangular entre os equipos: C.D. Cariño – C.D. Cedeira – e S. D. Libunca de Ferrol
22:30 h. Verbena coa Orquestra da Televisión de Galicia e Orquestra Foliada

 

Mércores 25 de agosto

Pasarrúas: Banda de gaitas San Xiao do Trebo de Cariño e Banda de música Vila de Cedeira
12:00 h. Misa solemne e procesión
Actuación do grupo de baile San Xiao do Trebo de Cariño
14:00 h. Concerto a cargo da Banda de música Vila de Cedeira
22:30 h. Verbena coa orquestra Xente Nova
24:00 h. Actuación do grupo de baile Portal Argentino

 

Xoves 26 de agosto

“DÍA DA XIRA”
Pasarrúas: Banda de gaitas Brisas da Croa
A partir das 14h. Xira Campestre
22:30 h. Verbena coa orquestra Los Senadores

 

Dende a nosa páxina, queremos felicitar a tódalas persoas que fan posibles estas festas, tanto ós membros do Goberno Municipal que traballan para que sexan unha realidade como ós veciños e veciñas que colaboran intensamente na recadación. E, por suposto, á cidadanía cariñesa, que aporta o seu gran de area ano tras ano. Agardamos que desfrutes dos vindeiros días.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.