Aprobado o regulamento da piscina municipal

Share Button

Onte houbo sesión plenaria no Concello. Entre os puntos aprobados -neste caso, cos votos favorables de PSOE e BNG e a abstención do PP- atópase o regulamento da piscina municipal, que, como o seu nome indica, servirá para regular o funcionamento das novas instalacións, cuia apertura é inminente.

 

A aprobación deste regulamento supón un paso importante no marco das últimas actuacións necesarias para a posta en funcionamento da piscina. Nos últimos días estivo tamén traballándose no acceso ás instalacións.

 

 

 

Tal e como hoxe recolle La Voz de Galicia, o concurso para a dotación do equipamento interior da piscina (sauna, equipamento sanitario, mobiliario, etc.) quedou deserto, ó non presentarse ningunha empresa. Actualmente o asunto xa está en vías de solución mediante procedemento negociado con publicidade.

 

Podes consultar a nova de La Voz de Galicia aquí:


http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/03/27/0003_8382474.htm  

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.