As nosas suxerencias: primeira publicación sobre a machada de Cariño

Share Button

Seguimos coa nosa sección semanal de suxerencias, neste caso recuperando unha vella publicación que pode ser do teu interese.

Un dos libros publicados recentemente polo Concello, o titulado Patrimonio e desenvolvemento local: reflexións e iniciativas no Concello de Cariño, aporta novos datos sobre a machadiña de bronce atopada na praia da Basteira e que actualmente atópase exposta no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, na cidade da Coruña.

O primeiro estudo sobre esta peza apareceu nunha revista portuguesa no ano 1964. O seu autor é José María Luengo, daquela funcionario na cidade da Coruña, Comisario de Escavacións e un dos artífices da creación do mentado museo; a revista chámase Revista de Guimaraes e o artigo que nos interesa apareceu no número 1974(1-2). Nel ofrécense os primeiros datos formais sobre a peza, descríbense as circunstancias do seu achádego e proporciónase unha tentativa de interpretación da súa función e significado, seguindo os parámetros da época.

Afortunadamente, e seguindo unha tendencia que están a adoptar moitas revistas e institucións, os contidos da Revista de Guimaraes están dixitalizados e son de libre acceso en internet. Por esta razón, a nosa suxerencia da semana adícamola a recuperar esta antiga publicación, probablemente descoñecida para moit@s d@s nos@s lectores/as.

Podes descargar o estudo de Luengo aquí:

http://www.csarmento.uminho.pt/docs/ndat/rg/RG074_06.pdf

   

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.