Axenda: vindeiros actos en Cariño

Share Button

Por medio da presente entrada queremos facer un primeiro anuncio preliminar de dous actos públicos que terán lugar proximamente en Cariño, en ambos casos organizados ou co-organizados pola nosa Agrupación.

O vindeiro sábado, 23 de novembro, celebraremos unha charla-coloquio que leva por título Educando en desigualdade: os recurtes no ensino público na comarca do Ortegal. A charla será impartida polo noso compañeiro Antonio Álvarez Cisneros, mestre no ensino público, Secretario de Educación da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE e membro de FETE-UGT. O acto será introducido pola Secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Cariño, Ana Fachal, mentres que José Miguel Alonso Pumar encargarase de presentar ó ponente, de quen é compañeiro na Executiva Provincial. Trala intervención de Álvarez Cisneros, terá lugar un turno de intervencións aberto ó público.

Un par de semanas despois, na tarde do sábado 7 de decembro, terá lugar a presentación do libro Traballo, oficios e crenzas populares dos nosos antergos, do que é autor Narciso Luaces. Como seguramente lembrarás, este acto estaba previsto para o 19 de outubro, pero tivo que ser cancelado por circunstancias persoais do autor. Finalmente terá lugar o sábado 7 de decembro. A nosa Agrupación co-organiza esta presentación, en colaboración coa Asociación O Faroleiro e o Concello de Cariño.

Nos vindeiros días iremos dando a coñecer os detalles destes dous eventos.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.