Bolsas para cursar estudos de Proxectista instalador de enerxía solar

Share Button

altPor se resulta de interese, publicamos esta información que recibimos onte. O Centro de Estudios de la Energía Solar (Censolar) vén de convocar 20 bolsas para cursar de maneira gratuita durante o ano 2014-2015, en réxime de ensino a distancia, os estudos conducentes á obtención do Diploma de Proxectista Instalador de Enerxía Solar.

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura, para obter os impresos de solicitude, que serán remitidos por correo postal a domicilio, deben dirixirse por escrito a Censolar, Departamento de Formación, Parque Industrial PISA, Edificio Censolar, c/ Comercio 12, 41927 Mairena del Aljarafe (Sevilla), fax: 954 186 111, ou vía internet ó enderezo central@censolar.edu, indicando nome e enderezo postal completos, circunstancias persoais, situación económica e motivo do seu interese pola enerxía solar, antes do 30 de abril.

Segundo explican na súa páxina web (á que pertence a fotografía que acompaña a esta entrada), dende 1979 Censolar imparte cursos de enerxía solar, a tódolos niveis, en máis de trinta países, e vén formando profesionalmente a técnicos especialistas pertencentes a dúas xeracións. O curso inclúe a posibilidade de realizar prácticas en empresas do sector coas que o Centro ten establecido acordos de colaboración. O diploma acreditativo expídese en castelán e inglés, a fin de facilitar a procura de emprego a nivel internacional.

Unha explicación pormenorizada das características e contidos do curso pode atoparse en http://www.censolar.edu/menu3.php, mentres que a convocatoria das bolsas está dispoñible en www.censolar.edu/becascen.pdf . A lista de persoas seleccionadas publicarase no mes de xullo.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.