Cancelación da axenda de actos deste sábado

Share Button

Viñamos de anunciar ó longo destes días a celebración dunha xornada de traballo e debate en Cariño o vindeiro sábado 1 de xuño. A previsión para ese día era que tivese lugar durante a mañá unha reunión da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE e durante a tarde unha mesa redonda aberta ó público, que levaba por título Os concellos como motor de desenvolvemento socioeconómico.

Lamentamos profundamente ter que anunciar a cancelación deste programa de actividade por razóns completamente alleas á vontade e á responsabilidade da Agrupación Socialista de Cariño. Se algo tentamos sempre é cumplir coa máxima eficacia os nosos calendarios e programas de actos. Ata onde os nosos recordos alcanzan, non existe o precedente de que a Agrupación Socialista de Cariño tivese que cancelar un acto xa anunciado. Esta vez temos que facelo e –aínda que a responsabilidade non é nosa- pedimos desculpas polas molestias e confusións que poidamos ter causado.

Para evitar confusións adicionais, procedemos a eliminar de internet os contidos relativos á convocatoria e difusión de ditos eventos.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.