Cariño movilízase polo servicio de pediatría

Share Button

As nais de Cariño con fillos e fillas en idade infantil iniciaron días atrais unha recollida de sinaturas para reclamar consultas diarias de pediatría no centro de saúde, pois actualmente as consultas teñen lugar só dous días á semana. Dende a nosa páxina, queremos apoiar esta iniciativa e sumarnos a esta reivindicación.

 

 

Nais na recollida de sinaturas (foto: La Voz de Galicia).

 

En días pasaron as nais mantiveron unha reunión co noso Alcalde, José Luis Armada, quen lles trasladou o apoio do goberno municipal e comprometeuse a impulsar un acordo plenario para que o Concello traslade esta reivindicación á Xunta de Galicia.

 

Estes feitos lémbrannos a constante loita que dende Cariño tivemos que facer sempre pola mellora dos nosos servicios sanitarios e cuios logros máis recentes foron as gardas de presencia física no centro de saúde durante as 24 horas do día e o servicio de ambulancia. Neste caso, a reivindicación tampouco será doada, pois, aínda que a vontade política da Xunta de Galicia é un factor fundamental, cómpre sinalar que a escasez de pediatras na nosa autonomía é tamén un factor a ter en conta.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.