Cariño na campaña Coida Galicia

Share Button

Como xa informamos nunha entrada anterior, a paisaxe de Cariño é unha das principais protagonistas da campaña Coida Galicia, que actualmente desenvolve a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia. Podes acceder á web da campaña a través deste enderezo:

http://coidagalicia.xunta.es

Unha vista do Mazanteo e da Caleira aparece de fondo da imaxe promocional da campaña, que reproducimos nesta entrada. A paisaxe de Cariño protagoniza, ademais, un dos tres vídeos promocionais elaborados ata o momento, que podes ver na páxina web mentada.

O profesor e xornalista Manuel Gago ofrece unha visión crítica da campaña no seu blog Capítulo 0, concretamente nun post titulado Análise dunha campaña fallida: Coida Galicia, que podes ler aquí:

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/12/29/analise-dunha-campana-fallida-coida-galicia  

Con independencia da opinión que cada quen teña da campaña, o que si queda claro é unha cousa: Cariño é hoxe unha marca de calidade nos ámbitos paisaxístico e ambiental. É algo que non sorprende: o territorio do noso termo municipal ten méritos sobrados para elo.

Sen embargo, un producto precisa elaboración e coidado. E, na xénese desta marca de calidade paisaxística e ambiental que é hoxe Cariño, cremos que ten xogado un papel significativo o traballo que o noso partido vén desenvolvendo dende o Concello de Cariño con iniciativas como a Aula do Mar, a construcción de sendas peatonais, a celebración das Xornadas de Patrimonio e Desenvolvemento Local ou a constante difusión de todo este traballo a través dos medios de comunicación.

   

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.