Cariño na TVG: Galicia para o mundo

Share Button

Hoxe pola tarde a TVG, no seu programa Galicia para o mundo, emitíu unha fantástica reportaxe sobre o noso Concello, na que destacou, como é habitual neste programa, a excelente calidade de imaxe.

 

Na reportaxe, que incluíu unha entrevista ó noso Alcalde José Luis Armada, fíxose un breve repaso ós principais atractivos naturais e patrimoniais do noso Concello, coa Aula do Mar como protagonista relevante.

 

A TVG en varias ocasións, xornais como El País ou La Voz de Galicia tamén varias veces, Ornithomedia (a mellor web ornitolóxica francesa)… A estas alturas, ninguén pode negar que o Aula do Mar é un dos principais referentes turísticos do norte Galicia. O PP, que boicoteou o proxecto dende os seus inicios, quédase sen argumentos.

 

Podes ver un fragmento desta reportaxe na web do programa, concretamente neste enderezo:

 

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=51&prog_id=868&recurso_id=3149&name_page=Reportaje

 

Un fragmento da entrevista ó noso Alcalde podes velo aquí:

 

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=4030&tipo=concello&name_page=Concello+de+CARI%C3%91O

 

E outros vídeos do mesmo programa telos neste enderezo (parte inferior da páxina, sección Vídeos de Cariño):

 

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=34&recurso_id=15901&name_page=CARINO

 
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.