Cariño nas mellores mostras turísticas nacionais

Share Button

Tal como se informa na páxina web municipal, durante o vindeiro ano 2010 o Concello de Cariño estará presente nas máis importantes e prestixiosas feiras turísticas nacionais, co obxectivo de promocionar a súa oferta turística. A nosa hostelería e gastronomía, as nosas paisaxes e o proxecto Aula do Mar serán algúns dos principais valores promocionais para seguir apostando polo turismo de calidade e desestacionalizado como un vector relevante na economía cariñesa.

Podes consultar a información pormenorizada na páxina web municipal, concretamente no seguinte enderezo:

 
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.