Cariño participa na Caravana Solidaria

Share Button

O Concello de Cariño participa na Caravana Solidaria que organizan La Voz de Galicia e Radio Voz, unha iniciativa sobre a cal veñen informando nos últimos días os citados medios. Hoxe, La Voz de Galicia recolle unha breve entrevista ó noso Alcalde, José Luis Armada, que podes ler no seguinte enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/12/20/0003_8184104.htm

O día 23 terá lugar unha festa no recinto feiral de Punta Arnela, na que poderán participar os pequenos que o desexen, xunto ós seus familiares, e entregar un xoguete destiñado a familias sen recursos. As reservas para as persoas de Cariño que desexen participar en dita festa poden facerse no teléfono 981 405 564.

Máis información: http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/12/20/0003_8184103.htm

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.