Charla de José Miguel Alonso Pumar coa veciñanza de Feás

Share Button

altO candidato socialista á Alcaldía de Cariño, o noso compañeiro José Miguel Alonso Pumar, prosegue a súa rolda de contactos coa cidadanía do noso Concello. Este xoves, 2 de abril, reunirase coa veciñanza da parroquia de Feás para coñecer as súas inquedanzas e explicar algunhas das liñas mestras do seu proxecto de goberno para os vindeiros catro anos. Alonso Pumar estará acompañado doutr@s integrantes da candidatura socialista.

A cita terá lugar ás seis da tarde no Local Social de Feás. Gustaríanos contar coa túa presenza.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.