Charla de José Miguel Alonso Pumar coa veciñanza de Sismundi

Share Button

Estamos xa rematando a presente rolda de reunións públicas coa veciñanza das parroquias do noso Concello, que nos está servindo para coñecer mellor as súas inquedanzas e necesidades, pero tamén para avanzar algunhas ideas do noso proxecto para os vindeiros anos. Tras pasar por Landoi, A Pedra e Feás, este sábado 4 de abril, o noso candidato á Alcaldía José Miguel Alonso Pumar e outros membros da súa candidatura reuniranse coa veciñanza da parroquia de Sismundi. A cita será ás seis da tarde no Local Parroquial de Sismundi.

Gustaríanos moito contar coa túa presenza.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.