Charla de José Miguel Alonso Pumar coa veciñanza de A Pedra

Share Button

altO noso candidato á Alcaldía de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, prosegue a súa rolda de contactos coa cidadanía do noso Concello. Este sábado, 28 de marzo, reunirase coa veciñanza da parroquia de A Pedra para coñecer as súas inquedanzas e explicar algunhas das liñas mestras do seu proxecto de goberno para os vindeiros catro anos. Alonso Pumar estará acompañado doutr@s integrantes da candidatura socialista.

A cita terá lugar ás sete da tarde no Antigo Escolar de A Pedra. Gustaríanos contar coa túa presenza.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.