Charla sobre o aforro na factura da luz

Share Button

Organizada pola Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Cariño, este venres 13 de decembro ás seis da tarde (18 h.) terá lugar no Local Social de Cariño (planta baixa da Casa do Concello) unha charla sobre o aforro enerxético no fogar. Este recomendable evento, impartido por unha persoa experta do Instituto Galego de Consumo, é gratuito e aberto ó público. Dende aquí expresamos o noso recoñecemento ó colectivo cariñés pola organización desta charla sobre un tema de evidente actualidade e interese.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.