Chega o Entroido cariñés, moito máis que unha festa

Share Button

altNas vindeiras xornadas os cariñeses, cariñesas e visitantes do noso concello disfrutaremos do entroido local, unha das mellores festas de entre as que se celebran no municipio. Non en van é ben sabido que o entroido cariñés -ou “as máscaras”, como lle chamaban os nosos devanceiros- é unhas das celebracións que con maior ímpetu, imaxinación, ledicia e bo ambiente preparamos en Cariño, o que o converten nun referente non só comarcal, senón tamén autonómico.

Abofé verémonos sorprendidos por orixinais propostas que particulares e xoldas veñen argallando dende fai semanas atrás no máis absoluto segredo.

Nestas datas, ademais de pasalo ben, poderemos degustar os freixós e, como non, as chaolas, outro dos sinais distintivos da nosa vila. Como é sabido, a receita légase de xeración en xeración, contribuíndo así a facer da nosa festa algo único, especial.

Dende a Agrupación Socialista de Cariño queremos desexarvos a tod@s @s veciñ@s do concello que desfrutedes arreo dos carnavais, tempo de deixarse levar pola imaxinación e a troula. Pasádeo ben!!

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.