Combates polo coñecemento

Share Button

Na Agrupación Socialista de Cariño pensamos que a defensa do coñecemento crítico, do ensino público e do sistema público de investigación deben ser apostas firmes e irrenunciables no noso ideario. De feito, estes valores forman parte da tradición progresista dende tempos inmemoriais. Non hai mellor garante da democracia e do progreso que a educación, a ciencia e coñecemento crítico.

Contradecindo a manida frase de que "os políticos son todos iguais", estes días están aflorando de novo as enormes diferencias entre dous modelos opostos. Como poderías ver nos principais medios de comunicación, a comunidade investigadora de Galicia leva semanas movilizándose ante o que consideran a defunción da ciencia en Galicia a cargo do goberno de Feijóo. Acusan á Xunta, con datos incontestables, de ter dinamitado a política de recursos humanos para I+D+I posta en marcha polo bipartito, que foi un modelo a seguir a nivel estatal. Por certo, o goberno de Feijóo segue acumulando descontentos e movilizacións en tódolos sectores clave (sanitario, educativo, científico…). 

Recomendámosche o artigo que sobre este tema publicou hai un par de días César Casal en La Voz de Galicia, co título El entierro de la ciencia:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/12/17/0003_8914683.htm

Frente a estes frecuentes ataques ó coñecemento que practica a dereita, o xornal Público vén mantendo una sección sobre ciencia que xa mereceu diversos premios de organismos independentes a nivel estatal.

Hoxe inclúe un excelente artigo a cargo de Manuel Lozano Leyva, catedrático de Física Atómica, Molecular e Nuclear na Universidad de Sevilla, titulado La sabia olvidada. O artigo remarca a idea de que, se a investigación e o coñecemento crítico foron ámbitos masacrados durante o franquismo, o camiño para as mulleres aínda foi máis difícil:

http://blogs.publico.es/ciencias/general/1089/la-sabia-olvidada

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.