Comeza o curso de galego para adultos (CELGA 3)

Share Button

Tal como informa o Concello na súa páxina web, onte deu comezo o curso de galego para adultos (Celga 3), que se impartirá nas aulas do Instituto de Ensino Secundario Cabo Ortegal en horario de tarde (de 18.30 a 20.30h).

 

Este curso prevese que remate o día 3 de xuño e consta de 75 horas formativas. Está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cariño, contando coa financiación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Dende o Concello de Cariño lémbrase ás personas interesadas en asistir que aínda están a tempo de inscribirse no mesmo. Poden facelo nas oficinas do Concello ou ben no teléfono 981 40 50 64. O prazo finaliza o xoves 25 de marzo. Non é obrigatorio ter os cursos previos.

 

Fonte: http://www.concellocarino.org/aodia/nova.php?id=1210&lg=gal

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.