Comeza unha nova etapa no PSOE

Share Button

O PSOE está reaccionando con celeridade e eficacia ante a derrota electoral do pasado domingo 20 de novembro. Onte celebrouse unha reunión Comité Federal en Madrid, co obxectivo principal de convocar o 38 Congreso Federal, que terá lugar entre o 3 e o 5 de febreiro de 2012 en Sevilla. Asistirán un total de 970 delegad@s de toda España, que terán entre as súas misións elexir @ nov@ Secretari@ Xeral do noso partido.

O relevo na Secretaría Xeral do PSOE era inevitable, fosen cales fosen os resultados o pasado domingo, unha vez que o actual Secretario Xeral, José Luis Rodríguez Zapatero, anunciara a súa renuncia a repetir como candidato nas eleccións xerais. Sen embargo, os resultados electorais do pasado domingo establecen a necesidade de renovar profundamente o proxecto socialista, de construir un novo discurso, de recuperar a confianza do electorado. Como xa sinalamos na anterior entrada, os resultados confirman que España non xirou á dereita, pois o PP subiu pouco en número de votos; foi o espectacular descenso no número de votantes socialistas –que marcharon a IU, a outras forzas minoritarias e á abstención- o causante da enorme diferencia de escanos entre PP e PSOE.

Neste contexto, a saída inevitable é devolverlle o protagonismo á militancia. O menos recomendable neste momento é que a Secretaría Xeral xurda dun arranxo entre os notables do partido. A dirección actual semella telo claro e por esta razón xa anunciou que busca un Congreso aberto, con máis dunha opción, a semellanza de cando Zapatero acadou a Secretaría Xeral. Naquel momento concurriron catro candidaturas (Zapatero, Bono, Matilde Fernández e Rosa Díez). Hoxe soan Rubalcaba e Chacón, a quenes podes ver na foto. O líder d@s socialistas madrileñ@s, Tomás Gómez, defendeu hoxe que a elección d@ nov@ Secretari@ Xeral se producise mediante o sufraxio de toda a militancia. Aínda que, no momento actual, pode que fose unha fórmula pertinente, a proposta non saíu adiante e a elección producirase mediante a fórmula tradicional do voto d@s delegad@s no Congreso Federal. As precandidaturas á Secretaría Xeral só necesitarán o apoio dun 15 % do Comité Federal.

Nesta dinámica de renovación e cambios internos, a figura politicamente máis relevante da etapa Zapatero, o compañeiro José Blanco, vén de anunciar a súa renuncia a ocupar cargos na vindeira dirección socialista, aínda que continuará como Deputado pola provincia de Lugo.

Na Agrupación Socialista de Cariño somos firmes partidari@s da democracia interna e da participación da militancia. Por esta razón, cremos que o partido, ó non demorar a celebración do Congreso Federal e ó buscar un cónclave aberto e competido, está dando os pasos axeitados. Despois virán os congresos autonómicos, provinciais e locais, onde sería desexable que predominase a mesma tónica. Agora ben, sería un erro notable pensar que os retos que temos por diante redúcense a meros debates de nomes. A confrontación de ideas e de proxectos, a renovación radical da socialdemocracia, deben pasar a un primeiro plano.

A este respecto, parécenos pertinente recomendar a lectura do artigo Recuperar la ambición, publicado polo economista David Lizoain no xornal Público:

http://blogs.publico.es/dominiopublico/4292/recuperar-la-ambicion

E sobre a renuncia de José Blanco escribíu onte Xosé Luis Barreiro en La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2011/11/26/0003_201111G26P17993.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.