Confrontación de proxectos e debate ideolóxico

Share Button

Estes días o conxunto da esquerda, e o noso partido en particular, manteñen unha intensa axenda de traballo. Son tempos de análise, de renovación de proxecto, de debates…

Hoxe presentouse na Galería de Sargadelos de Ferrol o libro Cuando sucede lo inesperado. El 15-M y la izquierda. O seu autor é Ferrán Pedret, cofundador do Colectivo Inflexió de Barcelona e Secretario de Movementos Sociais da Executiva Nacional do Partido Socialista de Catalunya. Ademais do autor, participaron no acto de presentación Manuel Cendán, militante socialista e directivo de Fuco Buxán, e Joan Riera, da Editorial Els Llums, que publica o libro.

Mañá venres, ás seis da tarde, Carme Chacón estará no hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela para presentarnos a súa candidatura á Secretaría Xeral do PSOE.

O sábado, como xa anunciamos, a Agrupación Socialista de Cariño estará presente no Congreso Provincial que elexirá @s delegad@s que asistirán ó Congreso Federal de Sevilla entre os días 3 e 5 de febreiro.

O domingo ás 12 da mañá, tamén no hotel Porta do Camiño, en Santiago, será Alfredo Pérez Rubalcaba quen presente a súa candidatura á Secretaría Xeral.

Outras novas interesantes no ámbito editorial son a saída á rúa da séptima edición do libro Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España, da autoría de Vicenç Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón. O libro aporta ideas interesantes para o debate no seo da esquerda e para unha saída da crise pola vía socialdemócrata. Podes descargalo gratuitamente aquí:

http://www.attac.es/uploads/Hay-alternativas-web.pdf

Tamén está xa dispoñible na rede o número 31 da revista Razón Socialista. O pasado 28 de decembro informamos aquí da saída da edición en papel, que no mes de febreiro agardamos presentar en Cariño en colaboración coa asociación Fuco Buxán. A versión dixital podes atopala aquí:

http://issuu.com/fucobuxan/docs/fucobuxan_31_bj

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.