Congreso Provincial Extraordinario

Share Button

altEste sábado, 13 de decembro, celebrouse na cidade da Coruña o Congreso Provincial Extraordinario do PSdeG-PSOE no que foi escollido o novo equipo executivo que liderará á nosa formación política nesta provincia.

Cómpre lembrar que este proceso de renovación comezou o pasado mes de novembro coa apertura de recollida de avais, participando no mesmo cinco precandidatos: Julio Sacristán, Manuel Mirás, Jano Leis, Julio Iglesias Redondo e Celso Posada. Ó final, unicamente os dous primeiros –alcaldes de Culleredo e Oroso, respectivamente-, foron quenes de superar o listón do 20% de avais necesarios para concorrer ás eleccións primarias internas, que tiveron lugar o pasado domingo 30 de novembro e no que resultou elexido o novo Secretario Xeral Provincial, Julio Sacristán (na foto, da axencia EFE, xunto ó Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro). O rexedor de Culleredo foi apoiado por 1.758 electores (o que supón un 60,52% dos votos), mentres que Mirás recibiu 1.147 sufraxios (39,48%).

Como xa sinalamos nunha entrada anterior, @s militantes da Agrupación Socialista de Cariño apoiamos de forma unánime a candidatura de Julio Sacristán por representar a liña de continuidade co traballo desenvolvido pola dirección saínte encabezada polo ex Ministro de Xustiza Francisco Caamaño.

No cónclave celebrado na cidade herculina @s socialistas cariñeses estivemos representados polo noso Secretario de Organización Jonathan Miranda, que exerceu de delegado, e polo noso Secretario Xeral José Miguel Alonso, que acudíu como membro da Executiva Provincial saínte.

A nova dirección provincial, que foi avalada pola maioría dos delegados presentes, está integrada polas seguintes persoas e áreas de traballo:

– Secretario Xeral: Julio Sacristán de Diego

– Vicesecretario Xeral: Emilio Vázquez Blanco

– Secretario de Organización: Bernardo Fernández Piñeiro

– Secretaria de Política Institucional: Begoña Rodríguez Rumbo  

– Secretario de Política Municipal: Manuel Meizoso López

– Secretaria de Sanidade: Carmen Naya Leira

– Secretario de Educación: Antonio Álvarez Cisneros

– Secretaria de Medio Rural e Mar: Cristina Pedreira González

– Secretario de Atención á Militancia: Diego Taibo Monelos

– Secretaria de Emprendemento e Sectores Productivos: Verónica Gómez Fuentes

– Secretario de Mobilización e Formación: Julián Reina Villalón

– Secretaria de Servizos Sociais: María Barral Varela

– Secretario de Medio Ambiente: Juan Vicente Penabad Muras

– Secretario de Emprego e Industria: Ana Pena Purriños

– Secretaria de Ordenación do Territorio: Uxía Lemus de la Iglesia

– Secretario de Infraestructuras: Rafael García Guerrero

– Secretario de Igualdade: Encarna Liñeiro Pouso

– Secretario de Innovación e Novas Tecnoloxías: Andrés Teijo Hermida

– Secretaria de Movementos Sociais: Raquel Bolaño Fariña

– Secretario de Política Migratoria: Miguel Anxo Otero Fragoso

– Secretaria de Dereitos e Liberdades: Eva Martínez Acón

– Secretario de Cultura: Juan José Naya Alonso

– Secretaria de Estudos e Programas: María Pereira López

– Secretario de LGTBI: Martín Bellón Méndez

– Secretario Executivo: Aurelio Garea Portos

– Secretaria Executiva: Alejandra Pérez Máquez

– Secretaria Executiva: Paula Mouzo Maceiras

– Secretario Executivo: Herminio Caamaño Riviero

– Secretario Executivo: José Mato Pet

– Secretario Executivo: Santiago Manuel Toba

Dende aquí queremos amosar o apoio d@s socialistas cariñeses á nova Executiva, poñéndonos á súa disposición para traballar de xeito coordinado en prol dunha sociedade mellor e máis xusta. Ó mesmo tempo, queremos facer constar o noso profundo agradecemento ó equipo provincial saínte, e en particular a Francisco Caamaño, quen sempre mantivo unha magnífica relación ideolóxica e persoal coa nosa Agrupación. Cremos que é, e será, un dos mellores activos da esquerda galega.

Superado este chanzo da renovación orgánica supramunicipal, a Agrupación Socialista de Cariño encara coa máxima ilusión os vindeiros comicios locais, nos que queremos devolver ó noso Concello o empuxe que nunca debeu de perder, pero que na práctica perdeu completamente nestes últimos tres anos e medio a mans da coalición implícita integrada polo BNG e o PP locais.

Nas vindeiras datas terás novidades ó respecto.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.