Contra o retraso da VAC: reunión socialista en Cariño

Share Button

Hoxe pola mañá unha representación de cargos socialistas a nivel comarcal, provincial e autonómico reunímonos na Casa da Cultura de Cariño para analizar os últimos acontecementos relativos ó anunciado retraso nas obras do corredor costeiro ou Vía de Alta Capacidade. Os obxectivos da reunión foron analizar os últimos acontecementos e fixar as principais liñas de actuación para os vindeiros meses.

 

Hoxe Diario de Ferrol interpreta esta reunión como un desmarque do PSOE con respecto ó resto de formacións. Dende aquí queremos desmentir rotundamente esta interpretación. A celebrada hoxe en Cariño foi unha reunión interna de traballo como a que pode manter calquera forza política por unha ou outra razón. Ningunha intención, pola nosa parte, de abandonar a reivindicación conxunta con outros partidos, sindicatos e axentes sociais.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.