Convención municipal do socialismo galego

Share Button

De auténtica demostración de forza temos que calificar a Convención Municipal que @s socialistas galeg@s celebramos hoxe no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. A práctica totalidade dos Alcaldes e Alcaldesas galeg@s, moitos concelleir@s e un bo número de militantes démonos cita alí esta mañá para debatir sobre o noso proxecto municipalista e seguir avanzando na preparación das eleccións municipais de maio do vindeiro ano.

Entre os presentes temos que citar ós ministros Francisco Caamaño, Manuel Chaves e Leire Pajín e ó Secretario de Estado de Cooperación Territorial Gaspar Zarrías. Este último anunciou varias novidades significativas que o Goberno de España está a preparar para a mellora da autonomía municipal; ademais, cargou contra o Alcalde de Madrid, Ruiz Gallardón, cuia xestión está xenerando unha débeda escandalosa que vai hipotecar durante anos a capital do país.

As edicións dixitais dos principais xornais inclúen xa un amplo tratamento da convención municipal, que mañá poderás ler tamén nas edicións en papel. Recomendámosche especialmente Xornal de Galicia, que inclúe unha entrevista a Gaspar Zarrías e varios artigos de opinión interesantes. Un deles, a cargo de José Luis Gómez, fala precisamente da fortaleza que está amosando o socialismo galego no ámbito municipal e a seria preocupación que este feito provoca no PP.

Mañá voltaremos a Santiago para participar na Manifestación en Defensa da Sanidade Pública.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.