Creación do Premio Carmen Cerdeira

Share Button

O noso partido vén de crear o Premio Carmen Cerdeira para recoñecer o labor desenvolvido por organizacións, institucións e persoas que se teñen distinguido na defensa dos dereitos civís, a promoción da igualdade de trato e a non discriminación.

Este premio leva o nome de Carmen Cerdeira como homenaxe á dirixente socialista falecida en 2007 que promoveu as políticas socialistas a favor da igualdade para lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, as minorías étnicas ou as persoas con discapacidade, entre outras, impulsado a creación de grupos federais sectoriais pioneiros na política española e europea. Carmen Cerdeira nacera en Ceuta en setembro de 1958, nunha familia de fonda tradición republicano-socialista. Licenciada en dereito pola Universidade de Sevilla, exerceu a abogacía en Ceuta e foi profesora-titora de Dereito Civil no Centro Asociado da UNED nesa cidade. Na esfera política, como afiliada ó PSOE e á UGT, foi Concelleira en Ceuta (1983-1986), Senadora (1986-1993) e Eurodeputada (1999-2003), entre outras responsabilidades. O cancro rematou prematuramente coa súa vida.

Na súa primeira edición o Premio Carmen Cerdeira outórgaselle a José Luis Rodríguez Zapatero pola súa defensa da igualdade ó regular o dereito ó matrimonio entre as persoas do mesmo sexo no noso país. A entrega do premio terá lugar o domingo 30 de xuño ás 12 horas na sede socialista de Ferraz, acto no que intervirán Purificación Causapié, Elena Valenciano, José Luis Rodríguez Zapatero e Alfredo Pérez Rubalcaba.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.