Curso sobre instalacións solares térmicas

Share Button

Como xa informou o Concello a través da súa propia web e da prensa, a institución municipal participa no proxecto Rede Xiana, promovido pola Deputación da Coruña (www.redexiana.org). Neste contexto, Cariño acollerá o curso Montaxe e mantenemento de instalacións solares térmicas, que se desenvolverá no segundo semestre do ano.

 

Lembramos, de novo, que o prazo para inscribirse no curso remata mañá venres, día 30 de abril. Se estás interesado/a en inscribirte, ou en recibir información, podes acudir á Área de Emprego do Concello ou chamar ó teléfono 981 405064. Tamén podes consultar a web municipal:

 

http://www.concellocarino.org/aodia/nova.php?id=1212

 

Así mesmo, o Concello de Cariño acolle tamén o curso Coidados paliativos, destinado ó seu persoal de axuda no fogar e atención á dependencia. Este curso ten como obxectivo mellorar a atención a enfermos en fase avanzada e terminal; cunha duración de 45 horas, comezou o pasado luns 26 de abril.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.