Despedindo un ano intenso

Share Button

Dentro de poucas horas rematará o ano 2011. Foi un ano moi intenso no ámbito político, con dous comicios electorais, municipais en maio e estatais en novembro. Os resultados foron negativos en ambos casos, pero @s socialistas sabemos moi ben que en política non sempre se gaña.

Onte @s militantes da Agrupación Socialista de Cariño cumprimos coa tradición anual de xuntarnos para despedir o ano, intercambiar impresións e repoñer forzas para o 2012.

No ano que remata mantivemos unha actividade importante en internet. Estamos actualmente preparando estatísticas e datos pormenorizados, cos que agardamos arrancar 2012. Entre o positivo deste ano que está rematando temos que citar o notable incremento no número de visitas a esta web. Decembro de 2010 pechábase cunha media de 41 visitantes únicos por día; un ano despois, en decembro de 2011, a cifra é de 92, máis do doble polo tanto. No resto dos parámetros o incremento foi tamén notable.

Desexámosche que teñas unha boa entrada no ano e todo o mellor para o 2012.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.