Despexada a incógnita das eleccións catalanas

Share Button

Cun día de retraso sobre o anunciado, incluimos a continuación un breve comentario sobre os resultados das eleccións en Cataluña.

Cremos que dous feitos destacan sobre os demais: o forte ascenso de CIU, que acada os 62 escanos e queda só a seis da maioría absoluta; e o descenso xeralizado das tres forzas políticas que compuxeron o tripartito, especialmente do PSC-PSOE que acada 28 escanos e de ERC que acada só 10 e pasa de terceira a quinta forza.

A magnitude destes dous acontecementos é tal que case convirte en anecdóticos outros feitos, como o ascenso do PP, a entrada no parlamento do partido de Laporta ou a debacle de UPyD.

É obviamente máis sinxelo analizar as causas duns resultados a posteriori, pero semella obvio que a focalización da política catalana nas cuestións identitaria e estatutaria perxudicou claramente ós socialistas. O seu balance en moitas áreas do seu goberno, e especialmente no ámbito das políticas sociais, é moi significativo, pero quedou minimizado ante o protagonismo dos asuntos mentados.

En segundo lugar, o tripartito catalán, como xa lle sucedera ó bipartito galego, non conseguíu trasladar a imaxe dun goberno cohesionado e aglutinado en torno á figura do seu Presidente.

Por último, seguramente foi un erro renunciar durante a campaña á defensa do tripartito. Quizais non é casualidade que ICV, o partido que fixo unha defensa máis clara deste modelo de goberno, foi o que experimentou o retroceso electoral máis leve.

Dende aquí queremos solidarizarnos cos compañeiros e compañeiras cataláns, que teñen por diante a ardua pero apaixoante tarefa de recuperar o espacio perdido e construir unha nova alternativa que debe incluir, ademais, un novo liderazgo. Trátase dun reto crucial. Tanto Cataluña como España, e por suposto o PSOE, precisan un PSC forte e dinámico. @s compañeir@s de Cataluña posúen recursos para logralo.

Nunha ocasión como a presente, queremos rescatar a descrición dos valores que fan na súa páxina web e que compartimos plenamente:   

El PSC és dipositari d’uns valors que formen part de la tradició política de la Revolució Francesa i del Socialisme Democràtic: els valors de la llibertat, la igualtat i la solidaritat.

Els socialistes pensem que una bona política ha de proporcionar una lògica explicativa a allò que es fa, ha d’assenyalar un objectiu a assolir, i dibuixar un camí de reformes per aconseguir-lo. Ha d’estar guiada, per tant, per uns valors que donen sentit a l’acció de la mateixa, configurant un relat sense el qual, no hi ha POLÍTICA més enllà de les polítiques.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.