Día Internacional da Clase Traballadora

Share Button

Hoxe, primeiro de maio, celébrase o Día Internacional da Clase Traballadora. Esta data foi establecida por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, co obxectivo de homenaxear ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas executados nos Estados Unidos tralas reivindicacións da xornada laboral de oito horas; estas xornadas de loita deran comezo na folga que arranca o 1 de maio de 1886 e acada o seu punto álxido tres días despois na coñecida como revolta de Haymarket.

Conmemorar este día, como un símbolo de unidade da clase traballadora, ten hoxe especial sentido, precisamente nun momento no que a maioría social sufre as consecuencias dunha crise da que non é responsable, e no que as expectativas laborais (e vitais) de moitísimas persoas atópanse truncadas por un sistema socioeconómico totalmente inxusto e irracional. A día de hoxe, e como ben afirma Owen Jones, “solo un movimiento organizado de trabajadores puede desafiar la locura económica que amenaza el futuro de amplios sectores de la humanidad (…). El cambio social no llega por los garabatos de escritores afines, sino por la presión popular desde abajo. Mientras un programa de austeridad cargado de ideología impone privaciones a comunidades de todo el país [refírese ó Reino Unido], sin duda habrá una determinación cada vez mayor de luchar por una alternativa. Los tories y sus prósperos seguidores serían temerarios si pensaran que ya han ganado. Todavía está todo por decidir” (Owen Jones, Chavs. La demonización de la clase obrera, Capitán Swing, Madrid 2012, p. 346).

O noso partido anima a sumarse ás manifestacións que se desenvolven hoxe ó longo de todo o país. Na provincia da Coruña as tres manifestacións saen ás 12 da mañá nas tres cidades: en Ferrol dende a Praza do Inferniño (dirección Praza de Armas), na Coruña dende a Praza da Palloza (dirección Obelisco), e en Santiago de Compostela dende a Alameda (dirección Praterías).

O cadro que ilustra esta entrada é Il quarto stato (1901), do pintor italiano Giuseppe Pellizza da Volpedo.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.