Dietas de desprazamento: Rodríguez Miranda cuestionado

Share Button

En días pasados saltou á luz pública que o deputado autonómico Antonio Rodríguez Miranda, un dos supostos valores emerxentes do PP de Feijóo, cobrou irregularmente dietas de desprazamentos que, en realidade, realizaba como acompañante no coche oficial do seu compañeiro de partido José Manuel Baltar. A raíz deste episodio, algúns dan a entender que é unha práctica común a outros deputados e deputadas da cámara autonómica. Queremos deixar claro que, para nós, trátase dunha actuación totalmente reprobable, veña de onde veña.

 

O feito é que actualmente é Rodríguez Miranda quen está sendo cuestionado. É curioso que isto aconteza, e tan axiña, a quen gañou unhas eleccións acusando de luxo e despilfarro ó goberno bipartito da Xunta. É o conto do cazador cazado. Como non podía ser doutro xeito, agora Rodríguez Miranda promete devolver o cobrado irregularmente, pero é evidente que o seu perfil político queda seriamente tocado.

 

O columnista Luis Ventoso, de La Voz de Galicia, publica hoxe o artigo titulado A veces toca irse, cuia lectura recomendamos:

 

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/02/21/0003_8309373.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.