Elaborando as candidaturas: o resultado da Asamblea

Share Button

O noso partido atópase en proceso de elaboración das candidaturas para as vindeiras eleccións xerais. Como parte deste proceso, as agrupacións locais celebran asambleas extraordinarias para consensuar ou votar propostas que son trasladadas ás Comisións Executivas Provinciais, encargadas de elaborar a proposta de candidatura en cada provincia.

O obxectivo é, pois, que as agrupacións locais contribúan á elaboración da candidatura da súa provincia e sexan parte activa na elección da persoa que debe representar á súa comarca no Congreso e no Senado. Elo non garante que Ferrolterra, Eume e Ortegal teñan deputad@ e/ou senador/a socialista tralas eleccións do 20 de novembro. Depende dos resultados electorais e dos postos que ocupen @s nos@s representantes en ditas candidaturas. Na lexislatura que remata, o PSOE contou con tres deputados no Congreso pola provincia da Coruña e Xavier Carro foi o representante da nosa comarca.

A Agrupación Socialista de Cariño celebrou a súa Asamblea Extraordinaria o pasado sábado. A diferencia doutras ocasións anteriores, e por razóns diversas, a Asamblea adoptou por unanimidade o acordo de non propoñer nomes concretos e, no seu lugar, definir unha serie de criterios que, a xuízo da nosa Agrupación, deberían reunir @s candidat@s da nosa comarca ó Congreso e/ou ó Senado. Acordamos, ademais, difundir o acordo da Asamblea nesta páxina web, mantendo o principio de transparencia informativa que guía o noso traballo.

Así pois, a nosa Agrupación considera que o perfil ó que deberían axustarse @s candidat@s da nosa comarca sintetízase nos seguintes puntos:

1. Cumprir escrupulosamente o principio unha persoa, un cargo.

2. Ter fixada a súa residencia nalgún concello de Ortegal, Ferrolterra ou Eume, co propósito de garantir o seu coñecemento da realidade comarcal e asegurar a súa interacción cos cargos públicos, agrupacións e militancia.

3. Ser militante do partido. Aínda que a incorporación de independentes á vida política é positiva, nesta ocasión os procesos orgánicos e congresuais que se aveciñan aconsellan que os futuros cargos públicos no Congreso e/ou Senado participen o máis activamente posible na vida orgánica da nosa formación.

4. Comprometerse a facer unha visita anual a cada unha das agrupacións da comarca.

5. Comprometerse a non facer descalificacións públicas d@s compañeir@s de partido e a manter maior discrección sobre os conflictos internos. Aínda que o debate e a confrontación de ideas é saudable en calquera organización política, recentemente vimos asistindo con demasiada frecuencia -na prensa e nas redes sociais- a descalificacións subidas de ton e que, ó noso xuízo, exprésanse nun vocabulario totalmente intolerable.

6. Por último, cremos que non debería desaproveitarse a oportunidade de contribuir á renovación do partido, incorporando caras novas ou promovendo a persoas que leven poucos anos na vida pública, a fin de favorecer a renovación xeracional que toda formación política necesita.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.