Eleccións autonómicas o 21 de outubro

Share Button

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, despexou onte unha incógnita que viña sendo obxecto de debate político en Galicia. Finalmente, as eleccións autonómicas adiántanse varios meses e terán lugar o 21 de outubro. A data coincide coa fixada uns días antes polo lehendakari Patxi López para as autonómicas do País Vasco. Se ben é certo que, de adiantánrense as eleccións en Galicia, o lóxico era facelas coincidir coas vascas, tamén o é que anunciar a decisión despois de telo feito Patxi López supón perder autonomía e ir a remolque do calendario que outros marcaron previamente.

Por outro lado, o adianto das eleccións galegas ten implicacións importantes no panorama político. Feijóo ten que renunciar ás súas intencións de alterar unilateralmente as reglas de xogo reducindo o número de escanos do Parlamento no seu propio beneficio; despois do 21 de outubro seguirá habendo 75 deputad@s na cámara autonómica. O PSdeG-PSOE non poderá celebrar as primarias que tiña convocadas para elexir candidat@; o Comité Nacional tomará a decisión este sábado e o cabeza de cartel será, con toda probabilidade, o Secretario Xeral Pachi Vázquez. En terceiro lugar, ás forzas minoritarias esgótaselles o tempo para preparar as súas alternativas; a proposta dunha alianza anticapitalista que inclúa a EU e á forza liderada por Beiras, a outra escisión do BNG (Compromiso por Galicia), a candidatura de UPyD, ou o posible "proxecto" de Mario Conde, teñen que concretarse coa máxima urxencia.

Con todo, o punto realmente relevante é que Feijóo e Rajoy queren celebrar as eleccións antes de que o PP siga desgastándose por mor dos seus recurtes e das súas durísimas medidas antisociais. Prefiren que a xente vote antes de que a aplicación das novas medidas de agresión á cidadanía que están por vir, en parte derivadas do posible rescate de España, causen un dano irreparable no seu partido.

O PP preséntase a estas eleccións autonómicas cun balance desastroso. Unhas cifras de paro escandalosas, un valeiro absoluto de xestión en tódalas áreas, desmontaxe implacable dos servizos públicos (en especial sanidade e educación), etc. O PSdeG-PSOE está chamado a liderar un proxecto alternativo e, para elo, debe presentar un programa sólido, equipos humáns competentes e, en definitiva, unha proposta que ilusione á cidadanía e sexa parte dun cambio político global máis necesario que nunca. Dende a Agrupación Socialista de Cariño imos aportar o noso gran de area para que así sexa.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.