Eleccións municipais en Cariño: un breve comentario

Share Button

No cadro da esquerda podes ver os resultados das eleccións municipais do pasado domingo no Concello de Cariño. O Bloque Nacionalista Galego foi o partido máis votado con 937 votos, que lle proporcionan catro concelleir@s; o Partido Popular obtivo 836 votos e outr@s catro concelleir@s; finalmente, o noso partido obtivo 703 votos que supoñen tres concelleir@s. Así pois, pasamos de primeira a terceira forza política no Concello de Cariño e perdemos dous concelleir@s con respecto ás eleccións de 2007. É evidente que os resultados foron negativos para o socialismo cariñés.

Teremos ocasión de facer un comentario máis pormenorizado dos resultados e das súas implicacións inmediatas. Nesta primeira entrada tralas eleccións do 22-M queremos expresar o noso agradecemento ás 703 persoas que apoiaron a nosa candidatura. Tentaremos non defraudar a confianza que puxeron en nós, traballando dende a posición na que a cidadanía decidíu situarnos.

En segundo lugar, queremos felicitar publicamente ó BNG e á súa candidata Purificación Seixido polos resultados obtidos, así como desexarlles sorte nesta nova etapa. Correspóndelles gobernar o Concello de Cariño e, polo ben de tod@s, desexamos que fagan un bo traballo.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.