En loita contra o coronavirus: comunicado de Gonzalo Caballero

Share Button

Estamos en plena loita contra o coronavirus, un insólito problema de saúde pública que nos obriga a actuar con moita responsabilidade. As administracións públicas están a realizar unha intensa campaña informativa para que toda a cidadanía adopte as necesarias precaucións e se comprometa na loita contra esta pandemia. O Concello de Cariño está informando puntualmente das medidas a adoptar a través de Bandos da Alcaldía e redes sociais.

O Secretario Xeral do PSdG-PSOE e candidato á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, difundíu hoxe un comunicado á militancia que, polo seu interese, reproducimos a continuación.

Querid@ compañeir@:

A saúde da cidadanía é o prioritario para tod@s nós. A crise do coronavirus ten graves implicacións para a cidadanía, e o goberno de España, plenamente comprometido na loita contra o virus, acaba de establecer o estado de alarma para adoptar todas as medidas posibles. Estamos en momentos especialmente complicados, e o presidente do goberno, Pedro Sànchez está amosando capacidade e compromiso para liderar o reto que a tod@s nos preocupa.

Esta mañá trasladeille ao noso secretario xeral e presidente do goberno o apoio de todo o PSdeG para afrontar esta crise. Tod@s temos que colaborar e traballar desde as nosas responsabilidades individuais e colectivas nun reto de país no que xogámonos moito. Seguindo as instruccións indicadas polo goberno, estamos xa nun momento no que debemos permanecer nos nosos fogares salvo para os casos contemplados, no que moitas actividades económicas están paralizadas e non hai actividades escolares presenciais.

Á vez compre sinalar e agradecer o papel fundamental que xoga o persoal sanitario e a importancia da sanidade pública. Tamén aos corpos de seguridade e a aqueles que permiten o funcionamiento de farmacias, supermercados, gasolineras e outras actividades imprescindibles.

O primeiro é a saúde e eso é algo que tod@s temos claro. Á vez hai que buscar todas as medidas económicas necesarias para apoiar a traballadores, empresas, autónomos, e a todos os máis afectados por esta crise.

Neste escenario no que estamos as eleccións galegas do 5A non se poden celebrar e o pasado xoves xa trasladei que hai que buscar o mecanismo legal e o consenso necesario para poñer unha nova data para as mesmas.

Vaia aquí tamen o noso recoñecemento aos alcaldes, alcaldesas, presidentes e presidenta de Deputación, e gobernos municipais e provinciais polo seu traballo nestes días. Esta loita contra o COVID19 a temos que gañar entre todos. Recibe a miña aperta máis afectuosa nestas circunstancias que vivimos, coa confianza de que entre todos conseguiremos superar este reto.

Gonzalo Caballero.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.