Entrevista a Elena Salgado e outras novidades xornalísticas

Share Button

O xornal Público inclúe hoxe unha extensa entrevista a Elena Salgado, Vicepresidenta segunda e Ministra de Economía e Facenda. Na mesma, a Ministra fai unha extensa análise da situación económica actual e dos plans inmediatos do goberno neste ámbito. Polo seu valor informativo, é sen dúbida unha lectura recomendable que podes atopar no seguinte enderezo:

 

http://www.publico.es/dinero/333142/llegar/objetivo/deficit/necesarios/nuevos/sacrificios

 

Tamén de interese é o artigo de opinión que publica hoxe no mesmo xornal Joaquín Sempere, Profesor de Teoría Sociolóxica e Socioloxía Medioambiental da Universidade de Barcelona. Leva por título Entre China y Kerala e nel contrapón dúas experiencias políticas asiáticas con enfoques e resultados diferentes. Podes atopalo aquí:

 

http://blogs.publico.es/dominiopublico/2315/entre-china-y-kerala

 

Finalmente, xa no ámbito local, cremos oportuno facer mención ó tratamento que os medios están a facer das nosas festas locais. Diario de Ferrol publicou onte, sábado, o seu especial sobre as Festas de San Bartolo. Pola súa parte, hoxe La Voz de Galicia inclúe, co mesmo motivo, o Saúda do noso Alcalde, José Luis Armada. Agardamos que desfrutes destes días.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.