Erradicar a pobreza infantil: por un subsidio para as familias máis necesitadas

Share Button

altO noso partido vén de presentar e rexistrar unha iniciativa para crear un novo subsidio para persoas en situación de desemprego de longa duración, que carezan de ingresos e teñan responsabilidades familiares, así como para outros colectivos con dificultades específicas de inserción, como víctimas de violencia de xénero, parad@s de máis de 45 años e persoas con discapacidade. A proposta foi defendida polo noso recén elexido Secretario Xeral, Pedro Sánchez, na súa primeira reunión na Moncloa con Mariano Rajoy.

Esta nova proposta está encamiñada a loitar contra a pobreza infantil protexendo a pais e nais sen empreo nin ingresos. A Secretaria de Emprego do PSOE, Mari Luz Rodríguez, lembrou os datos que xustifican unha medida deste tipo: 1) hai máis de tres millóns de desempregad@s sen ningún tipo de prestación e unha grande parte deles teñen fill@s; 2) segundo UNICEF hai máis de dous millóns de nenos e nenas ó límite da pobreza.

O noso país precisa urxentemente un cambio de modelo económico que permita crear emprego, pero mentres tanto hai que garantir a xustiza social nesa transición. A proposta socialista é crible e sostible dende o punto de vista económico, perfectamente financiable co aforro dos 5.800 millóns de euros que a final de ano haberá na partida dos Presupostos do Estado de 2014 destiñada a protección económica por desemprego e que non está previsto invertir.

A medida podería beneficiar a un millón de persoas que se atopan en situación de extrema necesidade. O noso partido traballará para que esta iniciativa saia adiante o antes posible. É urxente.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.