Estamos na Conferencia Política

Share Button

Unha representación da Agrupación Socialista de Cariño atópase esta fin de semana na Conferencia Política que o noso partido celebra en Santiago de Compostela. Un evento que reúne a unhas 2000 persoas, principalmente militantes pero tamén pertencentes a sindicatos, colectivos sociais e asociacións.

 

O obxectivo desta conferencia é actualizar a liña política do partido, fortalecer o seu discurso propio e posicionalo ante os principais retos e debates da sociedade actual. Estamos a facelo dun xeito consesuado, coa participación de toda a militancia. Tralos discursos de apertura, constituíronse as distintas comisións, que seguiron a traballar durante toda a tarde de hoxe.

 

Mañá darase conta dos respectivos dictames e pecharase a Conferencia Política coas invervencións do Ministro José Blanco e do Secretario Xeral Pachi Vázquez. Este último pronunciou hoxe un excelente discurso de apertura, no que defendeu o perfil galeguista do PSdeG, o seu ideario de esquerda e a súa firme aposta pola educación e a sanidade públicas, entre outras cuestións.

 

 

Na web da Conferencia podes facer un seguimento da mesma e acceder a toda a información relevante, incluido o Documento Marco:

 

http://www.conferenciapolitica.com

 

Recomendámoste tamén o artigo que Pachi Vázquez publica hoxe en Xornal de Galicia, co título Un proxecto para a maioría social en Galicia:

 

http://www.xornal.com/opinions/2010/06/11/Opinion/proxecto-maioria-social-galicia/2010061123254600824.html

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.