Folla de ruta nun debate en Tempos Novos

Share Button

A revista de actualidade Tempos Novos publica, no seu número 162 do pasado mes de novembro, un debate sobre Os partidos galegos e a cidadanía, no que participan Fermín Bouza Álvarez, Antón Baamonde, Justo Beramendi e Manuel Martínez Barreiro.

O debate contén un bo número de argumentos e ideas para a reflexión. No curso do mesmo, o comentarista político Manuel Martínez Barreiro afirma: "Temos que recuperar os partidos políticos como instrumentos de democracia e de participación cidadá".

O catedrático compostelán Justo Beramendi (na fotografía da esquerda) tercia "Cambiar os partidos a eses instrumentos ideais de fomento da democracia e da participación cidadá leva moito tempo, se é que algún día se produce iso…".

O certo é que este debate expresa o que é actualmente un dos principais obxectivos do socialismo cariñés: ser un instrumento de democracia e de participación cidadá, un espacio a través do cal podas expresarte, recibir e proporcionar información, incidir na política municipal… Nesta liña queremos profundizar e cremos que esta páxina é unha mostra delo. Nos vindeiros meses irás coñecendo novos froitos deste aspecto do noso traballo. Como afirma Beramendi, non é unha tarefa sinxela, pero cremos que paga a pena esforzarse nesta dirección 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.