Goberno socialista e políticas sociais

Share Button

 

Nesta semana que remata celebrouse no Congreso dos Deputados, por iniciativa do Goberno, un debate sobre políticas sociais. Ó abeiro da actual crise económica mundial, e nunha situación na que o Goberno socialista está véndose obrigado a aplicar medidas económicas de axuste, a dereita pretende minusvalorar e levar ó esquecemento o importante balance de políticas sociais posto en marcha polos socialistas dende a chegada de Zapatero á presidencia do Goberno. O obxectivo perseguido polo PSOE no debate foi, polo tanto, reivindicar este legado.

O noso partido vén de lanzar unha presentación interactiva cos principais datos sobre a evolución das políticas sociais facilitados polo Presidente Zapatero na súa comparecencia no Congreso. Nela poderás atopar datos e cifras moi interesantes sobre as políticas en materia de educación, sanidade e seguridade social, etc.

Aquí tes o link para acceder á presentación:

http://www.psoe.es/saladeprensa/news/549206/page/gobierno-socialista-siempre-con-las-politicas-sociales.html

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.