Grandes figuras do socialismo español

Share Button

A Secretaría de Formación do PSOE, que ocupa o compañeiro Rafael Simancas, e o Instituto Jaime Vera veñen de anunciar o ciclo de conferencias Grandes Figuras del Socialismo Español, que terá lugar na sede madrileña de Ferraz en varias datas espalladas entre o 10 de outubro e o 20 de decembro.

A través de charlas monográficas, o ciclo fará un percorrido polas figuras de Pablo Iglesias, Julián Besteiro, Fernando de los Ríos, Francisco Largo Caballero, Indalecio Prieto e Margarita Nelken. Entre @s ponentes, figuran nomes de acreditado prestixio como Luis Gómez Llorente, José Félix Tezanos ou Julio Aróstegui.

Dende aquí queremos aplaudir a iniciativa. Nos tempos que corren, cando membros da clase política –incluso do noso propio partido- amosan actitudes pouco exemplarizantes con máis frecuencia da desexable, é sen dúbida oportuno coñecer ás persoas que coa súa actitude recta, honesta e comprometida fixeron grande ó PSOE e ó ideario socialista. O problema é, como tantas outras veces, que estas actividades son practicamente inaccesibles para calquera persoa que resida fora de Madrid. Por iso é importante que a actividade cultural e formativa dos partidos se plantexe de maneira descentralizada, contando con axendas propias a nivel autonómico, provincial e local. Na Agrupación Socialista de Cariño estamos xa traballando en iniciativas deste tipo, que en breve terás oportunidade de coñecer.

         

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.